Music like Rai Doriva e As Ferreiro
Rai Doriva e As Ferreiro
Rai Doriva e As Ferreiro
5/5
Iván Ferreiro, nado en Nigrán o 15 de agosto de 1970, é un músico galego. Acadou sona por ser durante trece anos o cantante e líder do grupo pop-rock Los Piratas, do que tamén compuxo a maioría das cancións, e tamén pola súa carreira en solitario. A súa voz, peculiar e cun amplo rexistro, interpretou as cancións míticas deste grupo, como foron "Promesas que no valen nada", "Años 80" ou "Mi coco".
Trala separación de Los Piratas a finais de 2003, Iván decidiu non afastarse do mundo da música, e comezou a tocar co seu irmán Amaro nun pub de Vigo, chamado El Ensanche. As actuacións celebrábanse tódolos mércores anunciadas como «Rai Doriva e As Ferreiro». Os irmáns Ferreiro facíanse pasar por dúas amas de casa (Ivonne e Tamara) que para perder o seu medo escénico acompañaban ó cantante portugués Rai Doriva, que porén nunca acudiu ós concertos. Pese a non facer publicidade, pronto moita xente soubo del e comezou a acudir ós concertos que semanalmente daban os irmáns Ferreiro, que máis tarde comezaron a actuar tamén en Nigrán (Pontevedra), versionando cancións de Los Planetas, Andrés Calamaro e Alaska y Dinarama entre outros.